Wednesday, August 23, 2006

MANIFESTO POR UMA EDUCAÇÃO LAICA

(Esse manifesto mostra a preocupação de intelectuais com todo o mal que a influência religiosa tem feito às pessoas, transtornando a sua forma de ver o mundo e de viver nele.)
A "Aula Castelao de Filosofía", unha asociación constituída por profesionais de distintas ramas do saber, que traballan nos eidos intelectual e docente por transformar Galiza nunha sociedade de cidadáns libres e solidarios, na festa da ensinanza, asina e dá a coñecer este manifesto reivindicativo.
Considerando:
Que o Estado, como reitoría política e xurídica da sociedade territorial, debe proporcionar aos cidadáns, que o integran, os medios materiais e culturais aos que eles teñen dereito.
Que as institucións relixiosas son entidades privadas, que teñen os seus propios regulamentos xurídicos, os seus propios credos e corpos doutrinais, os seus propios sistemas financeiros e os seus propios espacios, que en nada obrigan aos cidadáns.
Que os poderes relixiosos non teñen dereito nin a violentar o ordenamento xurídico do Estado para que se tipifique como delito as conductas que eles teñen cualificadas como pecado, nin a inxerir no sistema educativo para que inclúa a catequese no currículo escolar, nin a manipular o aparato propagandístico para se podan amosar símbolos confesionais nos lugares públicos, nin a posuír espacios de culto dentro dos edificios da Administración do Estado.
En consecuencia esiximos:
1. Ás autoridades estatais, responsables do poder globalitario, que non mesturen crenzas relixiosas, e por ende privadas e confesionais, con dereitos civís, isto é, públicos e universais.

2. Ás autoridades relixiosas que non se constitúan en grupos de poder, coactivamente externos á súa confesión, coa finalidade de forzar aos gobernos para que mesturen e confundan os dereitos do Estado, comúns e públicos, cos seus intereses particulares e privados.

3. Que o currículo escolar do sistema educativo estea integrado exclusivamente, na parte correspondente á formación intelectual, por contidos avalados obxectivamente, e na parte referente á socialización, por valores universais que o enraícen no medio e contribúan a construír unha sociedade mundial de pobos e cidadáns iguais e libres.

4. Que a ensinanza da relixión sexa eliminada do currículo escolar.

5. Que a Facenda Pública se desvencelle da xestión e fornecemento de medios financeiros ás institucións relixiosas.

6. Que se derrogue inmediatamente o Concordato de 1979 entre o Estado español e o Estado Vaticano.


Este manifesto foi aprobado por aclamación en Pontevedra, o día 27 de xaneiro do ano 2005, na clausura das xornadas “Educación e Cidadanía” , organizadas pola Universidade de Vigo e a Aula Castelao de Filosofía